16 may. 2017

Exposición A Fortaleza de San Paio de Narla


A exposición Orixe e evolución da fortaleza baixomedieval das Torres de San Paio de Narla, realizada por Xosé Anxo Santos Ferro como parte da investigación da súa tese de doutoramento, dirixida por Xabier Louzao e titulada «Orixe e evolución das fortalezas baixomedievais na parte suroeste da provincia de Lugo», pódese visitar ata o mes de setembro na Área de Composición do edificio de departamentos da E. T. S. de Arquitectura.