26 jul. 2016

Presentación da publicación "As 7 Terrazas de Sada" de José Ramón Soraluce e Laura Bouza


Venres 29 de xullo. 20.30 horas. O catedrático de arquitectura José Ramón de Soraluce Blond e  Laura Bouza Romero editaron un caderniño didáctico coa colaboración da asociación cultural sadense “Irmáns Suárez Picallo”. Incorporan os planos de La Terraza e unha análise das diferentes variacións sufridas por este edificio ó longo do tempo.
A presentación terá lugar na primeira planta do propio edificio modernista sadense, con entrada libre, coa participación dos autores e da Asociación Irmáns Suárez Picallo. Repartiranse exemplares entre os asistentes.