17 jun. 2016

Conferencia de Fernando Agrasar na Real Academia Galega de Belas Artes


O martes día 21 de xuño ás 20:00 horas terá lugar no Salón de Actos da Academia a conferencia “Brasilia: o soño moderno” impartida por D. Fernando Agrasar Quiroga, Dr. arquitecto Profesor Titular do Departamento de Composición Arquitectónica e Director da E.T.S.A da UDC.
Cumpridos os 50 anos da inauguración de Brasilia, o proceso do seu proxecto e construción, pódese ler dende a súa realidade actual e a evolución da cultura arquitectónica.
Toda a crítica da segunda metade do século XX, tanto Benevolo coma Frampton ou Curtis, teñen emitido xuízos negativos sobre Brasilia. Estas valoracións están lastradas polo fracaso da modernidade e choc an coa beleza e singularidade dun experimento urbanístico, sociolóxico e artístico, que segue a sorprender e conmover ao viaxeiro.

JUNIO. Entrada libre
MARTES 21
HORA:  20:00 horas
LUGAR: Real Academia Gallega de Bellas Artes (Plaza Pintor Álvarez de Sotomayor, 1)