2 abr. 2016

Conferencia sobre o balneario de Mondariz da profesora Yolanda Pérez Sánchez

O martes día 5 de abril ás 20:00 horas terá lugar no Salón de Actos da Real Academia Galega de Belas Artes (Praza do Pintor  Álvarez de Sotomayor, 1 A Coruña) a conferencia «O balneario de Mondariz, un paseo pola súa historia»  pronunciada pola profesora do departamento Yolanda Pérez Sánchez.


«Mondariz foi unha época na historia de Galicia e de España» afirmou Otero Pedrayo, un dos numerosos intelectuais galegos que visitaron o célebre balneario e participaron nas iniciativas culturais apoiadas polos seus fundadores, a familia Peinador. A charla realizará un precorrido pola súa historia, desde a súa creación en 1873, ata a fin da empresa familiar en 1931, expoñendo as principais razóns que levaron ao citado escritor a considerar este lugar algo máis que un establecemento termal.