21 ene. 2015

Patrimonio Románico de Ourense


O Grupo de Investigación en Composición Arquitectónica e Patrimonio (GICAP) do Departamento de Composición, en colaboración coa Fundación de Santa María La Real - Centro de Estudios del Románico, está a traballar con doce alumnos da Escola Técnica Superior de Arquitectura de A Coruña para levar a cabo o levantamento gráfico de igrexas románicas da provincia de Ourense, entre os meses de xaneiro e abril, que ten como finalidade a elaboración da Enciclopedia do Románico en Galicia.