27 may. 2014

Actividades de Verán 2014


Convocada unha nova edición das Actividades de Verán para a elaboración do Inventario do Patrimonio Arquitectónico de Galicia. Destinada a estudantes con Historia da Arte e Teoría da Arquitectura aprobadas, conta cun total de 30 horas a convir nos meses de xullo e agosto. A inscrición pode facerse na secretaría do Departamento ata o día 13 de xuño.