13 dic. 2013

Presentación do libro As mulleres nas artes e nas ciencias: Reflexións e testemuñas

A vida de medio millar de mulleres que cambiaron o mundo coas súas achegas á ciencia e á arte están recollidas nun libro de reflexións e testemuñas, onde profesionais achegados a elas profundizan sobre as súas vidas. 

As mulleres nas artes e nas ciencias: Reflexións e Testemuñas é un proxecto da facultade de Ciencias da Educación coordinado polos profesores do Departamento Rocío Chao Fernández e Roberto Suárez Brandariz, xunto á profesora María Dorinda Mato Vázquez. Naceu para honrar a esas mulleres que conseguiron meterse nun mundo que era, esencialmente, de homes, pero tamén a aquelas que, por mor das circunstancias nas que viviron non puideron desenvolver todo o seu potencial.